14 dic 2012

Xogos de Nadal

Vos deixo unha recopilación de xogos de Nadal feito por Belen Junq. Espero que vos gusten!!!

Clicade na imaxe para acceder


26 nov 2012

Os fantásticos libros voladores

Hoxe vai de curtametraxes!!! Aquí vos deixo un vídeo dunha curtametraxe gañadora dos Oscar 2012. Espero que vos guste!!!

13 nov 2012

LIM A NOITE DO APALPADOR

Déixovos un LIM do poema "A noite do Apalpador" de Xurxo Valcárcel e ilustracións de Pepe Carreiro feito por Amelia andión e Patricia Román (profes do noso cole). En este LIM traballaredes non só o poema, senón árbores, froitos, oficios ou roupa de traballo propia da nosa comunidade. Espero que disfrutedes facendo todas as actividades e xogos que nos propoñen!!!

5 nov 2012

Gañadores dos contos de medo de 2º ciclo

Noraboa a Sara Figueroa (3ºB) e Lucas Ojea (4ºC) por gañar o concurso de contos de medo!!!! Aquí tedes os contos gañadores do 2º ciclo. Esta semana publicaremos os gañadores do 1º e 3º ciclo. A seguir traballando!!!!


CONTO DE SARA FIGUEROA (3ºB)

CONTO DE LUCAS OJEA (4ºC)




31 oct 2012

Exposición de libros de medo!!!

Estas semanas temos polo noso cole unha exposición itinerante de libros de medo!!! Espero que vos guste a selección e que non pasedes moito medo!!!

Feliz lectura!!!!


29 oct 2012

Recursos para Samaín

Aquí tedes unha interesante recopilación de recursos para traballar o Samaín feito pola mestra Patricia Pena Barbeito e publicado no seu blog http://patriciapenalogopeda.blogspot.com.


24 oct 2012

24 de outubro: Día Internacional das Bibliotecas

Para conmemorar o día das bibliotecas tedes no blog un LIM con actividades e xogos para coñecer un pouco máis a nosa biblioteca. Podedes acceder a el, ben pinchando directamente na barra superior en A biblioteca: as normas ou ben pinchando na imaxe de Nana de esta entrada.

Feliz día e feliz lectura!!!


10 oct 2012

Recomendacións lectoras

Relacionado coa auga esta semana imos facer unhas interesantes recomendacións lectoras. Pasade pola biblioteca se queredes ler algún destes exemplares. Estar moi atentos ao blog para coñecer máis novidades que vaian xurdindo estas semanas. Estamos preparando moitas!!!!

PARA PRIMEIROS LECTORES:

PARA LECTORES AUTÓNOMOS:
PARA LECTORES EXPERTOS:


28 sept 2012

Shhhh!!! Atención...

Mentres esperamos que a biblioteca abra con moitas novidades, déixovos estes vídeos!!! Espero que vos gusten!!!


13 sept 2012

BENVID@S!!!

Benvid@s de novo ao cole amig@s!!! Espero que traiades moitísimas ganas de traballar e de aprender, xa que este ano ven cargadiño de novidades!!

Este ano, dende a biblioteca, traballaremos sobre a cooperación internacional e os dereitos humanos. Grazas a el, aprenderemos a cultura, costumes, formas de vivir de outros países, visitaremos lugares incribles e teremos algunha que outra sorpresa.

Esta semana vos irei contando máis novidades, asi que, atentos ao blog!!


18 jun 2012

XOGO DAS OLIMPÍADAS

E... XA CHEGAMOS A LONDRES!!!! Felicidades aos gañador@s do concurso das Olimpíadas!!! Hai que destacar en todos os cursos a colaboración e a participación de tod@s!! Bo traballo rapac@s!!! Noraboa polo esforzo!!!


4 jun 2012

ETAPA Nº 14: DOVER-CANTERBURY

Xa estamos chegando ao final do moso concurso olímpico!!! Soamente falta unha pregunta e coñeceremos as clases gañadoras. Atinade ben as últimas preguntas para non quedar sin o premio final!!!

1º ciclo:
Como se chama o autor dos famosos Contos de Canterbury?
Quen foi asasinado na catedral de Canterbury?
Que historia conta a fachada da Catedral de Canterbury?

2º ciclo:
Cal é o monumento máis importante de Canterbury?
Quen escribe "Os Contos de Canterbury" (The Canterbury Tales)? En que século?

3º ciclo:
Grupo 2:
Cal é o título formal en inglés da Catedral de Canterbury?
Que famosos santo foi asasinado nesa catedral? En que ano?

Grupo 3:
Avance extra: Este feito converteu a Canterbury nun importante centro de peregrinación durante a Idade Media. Tamén contribuiu a esta fama as historias dos peregrinos recollidas nun libro. Como se titula ese libro? Quen foi o seu autor?


28 may 2012

Exposición dos Cómics

Durante esta semana temos a oportunidade de disfrutar na nosa biblioteca con unha exposición sobre o Cómic. temos un pouco de todo e para todos os cursos. Pasádeos pola biblioteca para poder ler esta colección!!!


ETAPA Nº 13: CALAIS-DOVER

Xa casi estamos chegando a Londres!! En moi pouquiñas etapas chegaremos a nosa meta!!! Nesta ocasión temos unhas preguntas moi interesantes sobre as cidades desta etapa. Vamos con elas

1º ciclo:
Son famosos os acantilados brancos de Dover. que poden alcanzar?
De que están formados os acantilados?
Por que Dover é un porto importante?
Que é o Eurotunel? Pódese coller nos arredores de Dover?

2º Ciclo:
Por que é coñecida a cidade de Dover?
En Dover se celebran uns Xogos Olímpocos tradicionais:
- Dende que época se celebran?
- En que mes se celebran hoxe en día?
- En que consisten? 


 

9 may 2012

LIM VALENTÍN PAZ ANDRADE

Aquí tedes un LIM sobre o autor homenaxeado este ano para que traballedes sobre él. Hai exercicios clasificados por ciclo, aínda que estes son flexibles e é moi probable que exercicios de 2º ciclo sirvan para o 1º ciclo e viceversa. Ao final do LIM hai unhas ligazóns moi interesantes para seguir traballando diferentes aspectos do autor. Espero que vos guste!!!!

8 may 2012

ETAPA Nº 12: PARÍS-CALAIS

Deixamos atrás a cidade da luz para adentrarnos na marabilloza Calais. As preguntas propostas para esta semana son as seguintes:

1º ciclo:
Que relación hai entre Calais e a unidade de medida o metro?
Que particularidade ten o emprazamento do casco vello de Calais?
Que é o estreito de Calais? Canto mide?

2º ciclo:
1- En que canal está o Eurotunel que une Francia con Reino Unido?
2- Cal é a lonxitude do túnel?
3- Canto dura a travesía?
4- Que día se inaugura?

7 may 2012

ETAPA 11: POITIERS-PARÍS

Seguimos en Francia, deixando atrás a Poitiers e adentrándonos na capital de Francia: París. Coñecida como unha das cidades máis belas do planeta, en París podemos encontrar monumentos, rúas, navegar polo río Sena e visitar algún enclave cultural de relevancia. En París encontramos prestixiosas marcas de instrumentos que fabrican con esmero clarinetes, saxofóns... que chegan as nosas mans para tocar as máis belas melodías. E... Aquí van as preguntas desta semana:

1º ciclo:

Cal é o nome do museo máis importante de París? Que cadro destacado de Leonardo da Vinci se pode ver aquí?
Quen construíu a torre máis famosa desta cidade? Hai algunha ponte en Galicia feita por este enxeneiro? Cal?

2º ciclo:

1- En París encontramos un monumento de grandes dimensións símbolo da cidade:
      a)Como se chama? Para que foi construído?
      b) En que ano?
      c) Quen foi o seu diseñador?   
     d) Canto mide?


2- Nesta cidade atopamos un famoso símbolo norteamericano: A Estatua da Liberdade:
      a) Por quen foi diseñada?
      b) Canto mide?
      c) Cal foi construída antes, a Estatua da Liberdade americana ou a francesa?

3º ciclo:

Grupo 3: Burdeos- Poitiers:
1-  Quen fundou a Universidade de Poitiers? En que ano?
2- Cal é o sobrenome máis famoso de París e por que?

Grupo 4: Poitiers-París:
1- Por que Calais é a cidade francesa máis preto de Inglaterra? A que distancia está de Gran Bretaña?

Grupo 1: París-Calais:

1- Que se pode ver desde Calais nos días claros?

AVANCE EXTRA:
Como se chama a rocha que forman os acantilados de Dover? Defínea e explica para que se utiliza




Acompañamos a pregunta coa música dun compositor francés, Claude Debussy. Escoitade con atención esta peza: "Claro de Lúa"




 

2 may 2012

ETAPA Nº 10: BURDEOS-POITIERS

Aquí temos a pregunta da etapa nº 10 de Burdeos a Poitiers:

1º ciclo:
1- En Poitiers no 1356 houbo unha batalla moi famosa:
Quen participou?
Quen gañou?
Houbo máis batallas en Poitiers? En que ano?
2- Que camiño moi famoso pasa por esta localidade?
3- Que pobo fundou esta cidade? 


2º ciclo:


1- Cando se fundou a Universidade de Poitiers?
2- Que personaxes célebres estudaron na Universidade de Poitiers?
3- Cita alomenos tres monumentos que se encontren en Poitiers

27 abr 2012

Concurso diseña unha xoia!!!

Este ano @s nen@s do CEP Santa Mariña concursaron nunha proposta da asociación de xoieiros de Galicia. @s nen@s tiñan que deseñar unha xoia a cal pode salir seleccionada e facela realidade no día da nai. Pois estamos de noraboa!!! Tres nenos do cole recollerán o premio hoxe en Santiago de Compostela por resultar finalistas!! Noraboa nenos!!!. Estes foron:

- Juan Couñago (1º B)
- Emilio Argibay (3ºB)
- Otmane En Neffad (6ºA)


25 abr 2012

ETAPA Nº 9: LOURDES-BURDEOS

 Unha semana máis seguimos no país veciño, Francia. Para esta semana temos preparadas as seguintes preguntas:

2º ciclo:


1- Que cidade desta etapa foi capital da Galia Aquitania no século III?
2- Por que bebida é coñecida a cidade de Burdeos?

3- Que é o Girandes de Burdeos e en que ano foi fundado?

23 abr 2012

Felicidades Valentín Paz Andrade!!!

Hoxe, ademais de ser o día internacional do libro, é o día que naceu o autor homenaxeado das Letras Galegas: Valentín Paz Andrade. As próximas semanas colgaremos más información de este autor polifacético e gran defensor do noso idioma.

FELIZ DÍA DO LIBRO!!

Que feliz estamos hoxe dende a biblioteca!!! Hoxe é un día moi especial xa que estamos celebrando o día do libro. Cantas cousas poden pasar lendo un libro!!! Aprendemos un montón de cousas, podemos ir a diferentes lugares sen movernos da  casa, coñecemos a moitos personaxes... Que mellor que con un libro!!!

Que libro estades lendo agora?

Cal sería a vosa recomendación?

Esta semana temos un montón de actividades preparadas!!!

Hoxe, no día do libro teremos a visita dun contacontos para o primeiro ciclo de primaria!!

Durante esta semana teremos unha exposición de libros en galego que durará ata o día das Letras Galegas.

Ademais, o venres faremos un "trueque" de libros entre os compañeiros, así que ide traendo os libros que queredes intercambiar.

Feliz lectura nen@s e... FELIZ DÍA DO LIBRO!!!

18 abr 2012

ETAPA Nº 8: PAMPLONA-LOURDES

Nesta ocasión deixamos atrás Pamplona para adentrarnos noutro país: Francia. Preto da frontera está Lourdes, cidade coñecida pola peregrinaxe cara o seu santuario. E aquí vos deixo as preguntas:

1º ciclo:
Cantos tramos ten o encerro de San Fermín? Como se chaman?
Quen se encarga de achegar os touros ao curral dentro da praza? Como van vestidos?
 

2º ciclo:
Que deportista pamplonica destacou en lanzamento de disco, peso e martelo participando nos Xogos Olímpicos de Roma en 1960?


Que parque nacional atopamos nesta etapa?


Cita dúas especies animais protexidas deste parque

3º ciclo:
Que deportista navarro participou nos xogos olímpicos de Roma en 1960 e en que especialidade?
Como se desprazou este deportista ata Roma?

11 abr 2012

XOGO OLÍMPICO: ETAPA Nº 7

Despois de unhas pequenas vacacións continuamos co noso xogo olímpico!!! Nesta ocasión deixaremos atrás a cidade de San Sebastián e chegaremos a Pamplona. Pasemos xa coas preguntas desta semana

1º ciclo:
Cal é o nome de San Sebastián en euskera?
A que comunidade autónoma pertence?
Que ocurrirá en San Sebastián no ano 2016?
Que dous importantes festivais teñen lugar cada ano en San Sebastián?


2º ciclo:
Que famoso deportista desta etapa gañou unha medalla de ouro na contrarreloxo nos Xogos Olímpicos de Atlanta en 1996?
Que  famoso personaxe deu a coñecer os Sanfermíns en todo o mundo?
Cal é a curva máis pechada no percorrido dos Sanfermíns?

3º ciclo:
Grupo 2:
Que futbolista da selección española nado en "Santillana del Mar" marcou 4 goles nun partido España-Malta que nos clasificou para a Eurocopa 84?
Como se chama o atractivo turístico coñecido como "A Capela Sixtina da arte cuaternaria"?

Grupo 3:
En que ano foi fundada San Sebastián e por quen?
Como se chaman os xogadores de pelota vasca? 


Ollo!!!!! O 3º ciclo xogan dúas etapas xuntas!!! Sorte a tod@s e a pescudar!!!!
 

9 abr 2012

Carta gañadora: Unha carta especial

Ola amig@s!!! Nesta ocasión imos publicar a carta gañadora do terceiro ciclo do concurso proposto "Unha carta especial". O afortunado e Manuel Estévez de 6º A no terceiro ciclo. Noraboa Manuel!!! Encántanos a túa carta. Nas próximas semanas publicaremos as cartas do primeiro e segundo ciclo. Estade ben atentos!!!



14 mar 2012

ETAPA Nº 5: COVADONGA-SANTILLANA DEL MAR

Xa vamos pola 5ª etapa!!! Noraboa a todos aqueles que acertárades as preguntas anteriores. Pasamos a unha etapa cheiña de encanto, xa que Asturias é coñecida pola súa paisaxe, os seus verdes prados, as súas montañas, e por suposto, pola súa gastronomía. Sen máis pasamos as preguntas desta semana:


1º ciclo:
En Covadonga houbo unha batalla:
En que ano foi?
Quen participou?
Quen gañou?
Cales son os nomes dos lagos de Covadonga?
Que reis están soterrados neste lugar?


2º ciclo:
Que cidade desta etapa é coñecida como a "vila das tres mentiras"? Por que?
Neste municipio atopamos arte prehistórico. En donde? Como se chama este tipo de arte?
Que famoso deportista cántabro naceu en Pedreña en 1957? En que deporte destacou?

3º ciclo:
 Quen foi o rei que iniciou a reconquista e en que ano?
En que ano naceron os premios "Príncipe de Asturias" e como se chama o teatro onde se entregan ditos premios?
Con que deporte está relacionado Angliru?

Moita sorte a tod@s @s participantes!!!!

12 mar 2012

Novas na biblioteca!!

Aquí vos deixo unha presentación das novas que hai na biblioteca. Hai libros moi interesantes para todas as idades. Non deixedes de visitar a nosa biblioteca!!!


Nanalectores: primeira reunión do club de lectura

Xa inauguramos o noso clube de lectura!!! Pincha na páxina de Nanalectores para saber que tal nos foi!!!



7 mar 2012

ETAPA Nº 4: LUGO-ASTURIAS

Imos coa 4ª etapa do noso concurso olímpico. Para esta etapa tedes que pescudar sobre esta etapa. Atento ás preguntas do teu ciclo. Non vos equivoquedes!!!


1º ciclo:
Cantas torres chegou a ter a muralla de Lugo?
Cantas portas ten?
Como son os nomes?
En que época se construíu?
Canto mide?

2º ciclo:

Que son as casadiellas e os frixuelos?
De que están feitos?
De que comunidade autónoma son típicos?
Cal é a bebia típica desa comunidade?
Cal é o ingrediente principal desa bebida?
Que significa escanciar?

3º ciclo:
En que liga xoga actualmente o club de baloncesto Breogán?
Como se chamaba a cidade de Lugo na época dos romanos, quen fundou a cidade e que emperador gobernaba?
Como se chama o proxecto que se levou a cabo para nomear Patrimonio da Humanidade á muralla de Lugo e en que consistiu?


Sorte a tod@s @s participantes!!!!

29 feb 2012

CONCURSO OLÍMPICO: ETAPA Nº 3: A CORUÑA-LUGO

Xa estamos na etapa nº 3 do noso concurso olímpico!!! Esta semana recorreremos xuntos o camiño que vai dende a fermosa cidade de A Coruña ata Lugo. As preguntas do concurso son as seguintes

1º ciclo:
Cal é a praza máis importante de A Coruña?
Por que recibe ese nome?
Quen foi o autor da estatua situada no medio da praza? En que material foi realizada esta estatua?

2º ciclo:
Cal é a orixe do nome de Lugo?
Que monumento desta cidade foi declarado Patrimonio da Humanidade? En que ano?
Debuxa en cor este monumento.

3º ciclo:
Quen fixo retroceder en A Coruña ás tropas inglesas e como o conseguiu?
Cando se construíu a torre de Hércules, que arquitecto a deseñou e en que día, mes e ano foi proclamada Patrimonio da Humanidade?
Pucho Boedo, cantautor coruñés, púxolle música a poemas de escritores galegos. Quen foron eses escritores? (Nomea polo menos tres)

E.. con música do grupo Los Tamara vos deixo!!! Moita sorte e a pescudar!!!


27 feb 2012

NOVAS NA BIBLIO...

Estes son os novos libros que podedes atopar xa na biblio. Espero que vos gusten!! Feliz lectura!!!

15 feb 2012

Xogo olímpico: 2ª Etapa: Santiago de Compostela- A Coruña

Nesta etapa deixamos Santiago de Compostela e chegamos A coruña, cidade donde encontramos grandes monumentos e moita historia... Atentos as seguintes entradas, contareivos algo máis. Pero antes de nada... As preguntas deste recorrido

1º ciclo:

Para que se usaba orixinariamente o botafumeiro na Catedral de Santiago de Compostela?

2º ciclo:

Que monumento sito nunha cidade desta etapa serviu como defensa durante o ataque da Armada Inglesa no século XVI?
En que cidade podemos encontralo?


3º ciclo:

En que fachada da catedral de Santiago de Compostela se atopa a figura do rei David tocando o rabel?
En que ano e por quen foi asolada a cidade de Santiago sendo bispo Pedro de Mezonzo?
Cal é o nome da rúa máis estreita de Santiago de Compostela?

9 feb 2012

COMEZAMOS CO CONCURSO OLÍMPICO!!!! Santa Mariña- Santiago de Compostela

Esta semana comezamos co concurso olímpico. Recordade que tedes que meter a resposta correcta no buzón que hai na entrada do cole. A resposta correcta sairá publicada o mércores da semana que ven. O noso recorrido comeza no CEP Santa Mariña (Redondela) e no primeiro tramo chegaremos a Santiago de Compostela, cidade importante tanto artística como culturalmente. Nela encontramos a Catedral de Santiago, que comezou a construirse no ano 1075 dC promovida polo bispo Diego Pelaez e dirixida polo Mestre Esteban, sendo un dos monumentos da arte Románica máis importantes do mundo (con influenzas tardías da arte gótica e barroca). En Santiago de Compostela a oferta cultural e moi grande hoxe en día: nos atopamos que unha das orquestras máis importantes de Galicia, a Real Filarmonía de Galicia ten a súa sede en Santiago. A música popular corre a cargo da Banda Municipal de Santiago de Compostela, que toca cada domingo nas distintas prazas históricas da cidade.

E., sen máis... Ahí van as preguntas:

1º Ciclo:

Que deportista nado en Redondela participou nuns xogos olímpicos?


2º Ciclo:

Que coñecido deportista da provincia de Pontevedra nado en 1982, gañou dúas medallas de prata nos xogos olímpicos de Beijín (Pekín)?  
En que deporte competía?

3º Ciclo:

Que futbolista nado en Redondela participou en dúas olimpíadas?
En que anos?
Cal era o seu alcume?
Que selección representou?


Atinade ben coas respostas!!! Moita sorte a tod@s @s participantes!!!!

2 feb 2012

DÍA DA PAZ 2012

Aquí tedes o vídeo coas imaxes do Día da Paz. Quedou moi bonita a figura cos aros feita no patio do cole e que ben cantástedes a canción "Amigos para sempre"!! Espero que vos guste moito o vídeo!!

Concurso olímpico

Nas próximas semanas comezaremos cun concurso sobre as olimpíadas. Participaremos por clase e en grupos. O funcionamento será o seguinte:

- Cada clase estará dividida en catro grupos e cada un participará cada semana.
- Todas as semanas sairá unha pregunta no blogue (probablemente o mércores), que teredes que responder en grupo e metela no buzón correspondente ao voso ciclo que estará na entrada do cole.
- O xogo consta de 15 etapas: un percorrido dende Santa Mariña ata Londres.Se respondedes de forma correcta pasaredes a seguinte etapa, no caso contrario non poderedes avanzar e quedaredes polo camiño.
-Ollo!! Non podedes pedir axuda aos vos@s titor@s, teredes que argallar a maneira de conseguir a resposta correcta.

Preparad@s???? Pois moi atent@s á publicación das preguntas!!!

30 ene 2012

Lecturas para a paz

Temos na biblioteca algunhas lecturas para traballar estos días. Un exemplo destas é "O nacemento do dragón" da Editorial Kalandraka. Gozade dunha boa lectura!!!!

DÍA DA PAZ E DA NON VIOLENCIA

Para este día vos deixo un vídeo dunha canción que nos deixa imaxinar un mundo mellor: "Imagine" de John Lennon

23 ene 2012

Curiosidades...

Queren que rapar ovellas sexa modalidade olímpica: Dende Nova Zelandia, os granxeiros, piden que a esquila de ovellas sexa recoñecido como deporte e ademais sexa incluído como deporte olímpico.

En dous meses aproximadamente se celebrará en Masterton (Illa Norte) o campionato mundial de rapa de ovellas onde cada concursante deberá rapar 700 ovellas en oito horas. O récord masculino de rapa  é de Ivan Scott con 749 ovellas en oito horas e o feminino Kerri-Jo Huia con 507 ovellas no mesmo tempo.

Esta idea xa foi proposta no ano 2008, pero aínda non se aceptou como xogo olímpico. E vós, que opinades???

16 ene 2012

Para os que lles gusta a pintura e a filosofía

Chega a biblioteca dous libros do máis interesante da colección sabelotodos. Non vos podedes perder estes dous títulos tan interesantes. Boa lectura!!!

Novas lectoras

Chega a nosa biblioteca da editorial Macmillan novos libros. Trátase da colección librosaurio que ten uns titulos do máis apetecible!!! Boa lectura!!!