29 feb 2012

CONCURSO OLÍMPICO: ETAPA Nº 3: A CORUÑA-LUGO

Xa estamos na etapa nº 3 do noso concurso olímpico!!! Esta semana recorreremos xuntos o camiño que vai dende a fermosa cidade de A Coruña ata Lugo. As preguntas do concurso son as seguintes

1º ciclo:
Cal é a praza máis importante de A Coruña?
Por que recibe ese nome?
Quen foi o autor da estatua situada no medio da praza? En que material foi realizada esta estatua?

2º ciclo:
Cal é a orixe do nome de Lugo?
Que monumento desta cidade foi declarado Patrimonio da Humanidade? En que ano?
Debuxa en cor este monumento.

3º ciclo:
Quen fixo retroceder en A Coruña ás tropas inglesas e como o conseguiu?
Cando se construíu a torre de Hércules, que arquitecto a deseñou e en que día, mes e ano foi proclamada Patrimonio da Humanidade?
Pucho Boedo, cantautor coruñés, púxolle música a poemas de escritores galegos. Quen foron eses escritores? (Nomea polo menos tres)

E.. con música do grupo Los Tamara vos deixo!!! Moita sorte e a pescudar!!!


27 feb 2012

NOVAS NA BIBLIO...

Estes son os novos libros que podedes atopar xa na biblio. Espero que vos gusten!! Feliz lectura!!!

15 feb 2012

Xogo olímpico: 2ª Etapa: Santiago de Compostela- A Coruña

Nesta etapa deixamos Santiago de Compostela e chegamos A coruña, cidade donde encontramos grandes monumentos e moita historia... Atentos as seguintes entradas, contareivos algo máis. Pero antes de nada... As preguntas deste recorrido

1º ciclo:

Para que se usaba orixinariamente o botafumeiro na Catedral de Santiago de Compostela?

2º ciclo:

Que monumento sito nunha cidade desta etapa serviu como defensa durante o ataque da Armada Inglesa no século XVI?
En que cidade podemos encontralo?


3º ciclo:

En que fachada da catedral de Santiago de Compostela se atopa a figura do rei David tocando o rabel?
En que ano e por quen foi asolada a cidade de Santiago sendo bispo Pedro de Mezonzo?
Cal é o nome da rúa máis estreita de Santiago de Compostela?

9 feb 2012

COMEZAMOS CO CONCURSO OLÍMPICO!!!! Santa Mariña- Santiago de Compostela

Esta semana comezamos co concurso olímpico. Recordade que tedes que meter a resposta correcta no buzón que hai na entrada do cole. A resposta correcta sairá publicada o mércores da semana que ven. O noso recorrido comeza no CEP Santa Mariña (Redondela) e no primeiro tramo chegaremos a Santiago de Compostela, cidade importante tanto artística como culturalmente. Nela encontramos a Catedral de Santiago, que comezou a construirse no ano 1075 dC promovida polo bispo Diego Pelaez e dirixida polo Mestre Esteban, sendo un dos monumentos da arte Románica máis importantes do mundo (con influenzas tardías da arte gótica e barroca). En Santiago de Compostela a oferta cultural e moi grande hoxe en día: nos atopamos que unha das orquestras máis importantes de Galicia, a Real Filarmonía de Galicia ten a súa sede en Santiago. A música popular corre a cargo da Banda Municipal de Santiago de Compostela, que toca cada domingo nas distintas prazas históricas da cidade.

E., sen máis... Ahí van as preguntas:

1º Ciclo:

Que deportista nado en Redondela participou nuns xogos olímpicos?


2º Ciclo:

Que coñecido deportista da provincia de Pontevedra nado en 1982, gañou dúas medallas de prata nos xogos olímpicos de Beijín (Pekín)?  
En que deporte competía?

3º Ciclo:

Que futbolista nado en Redondela participou en dúas olimpíadas?
En que anos?
Cal era o seu alcume?
Que selección representou?


Atinade ben coas respostas!!! Moita sorte a tod@s @s participantes!!!!

2 feb 2012

DÍA DA PAZ 2012

Aquí tedes o vídeo coas imaxes do Día da Paz. Quedou moi bonita a figura cos aros feita no patio do cole e que ben cantástedes a canción "Amigos para sempre"!! Espero que vos guste moito o vídeo!!

Concurso olímpico

Nas próximas semanas comezaremos cun concurso sobre as olimpíadas. Participaremos por clase e en grupos. O funcionamento será o seguinte:

- Cada clase estará dividida en catro grupos e cada un participará cada semana.
- Todas as semanas sairá unha pregunta no blogue (probablemente o mércores), que teredes que responder en grupo e metela no buzón correspondente ao voso ciclo que estará na entrada do cole.
- O xogo consta de 15 etapas: un percorrido dende Santa Mariña ata Londres.Se respondedes de forma correcta pasaredes a seguinte etapa, no caso contrario non poderedes avanzar e quedaredes polo camiño.
-Ollo!! Non podedes pedir axuda aos vos@s titor@s, teredes que argallar a maneira de conseguir a resposta correcta.

Preparad@s???? Pois moi atent@s á publicación das preguntas!!!