9 feb 2012

COMEZAMOS CO CONCURSO OLÍMPICO!!!! Santa Mariña- Santiago de Compostela

Esta semana comezamos co concurso olímpico. Recordade que tedes que meter a resposta correcta no buzón que hai na entrada do cole. A resposta correcta sairá publicada o mércores da semana que ven. O noso recorrido comeza no CEP Santa Mariña (Redondela) e no primeiro tramo chegaremos a Santiago de Compostela, cidade importante tanto artística como culturalmente. Nela encontramos a Catedral de Santiago, que comezou a construirse no ano 1075 dC promovida polo bispo Diego Pelaez e dirixida polo Mestre Esteban, sendo un dos monumentos da arte Románica máis importantes do mundo (con influenzas tardías da arte gótica e barroca). En Santiago de Compostela a oferta cultural e moi grande hoxe en día: nos atopamos que unha das orquestras máis importantes de Galicia, a Real Filarmonía de Galicia ten a súa sede en Santiago. A música popular corre a cargo da Banda Municipal de Santiago de Compostela, que toca cada domingo nas distintas prazas históricas da cidade.

E., sen máis... Ahí van as preguntas:

1º Ciclo:

Que deportista nado en Redondela participou nuns xogos olímpicos?


2º Ciclo:

Que coñecido deportista da provincia de Pontevedra nado en 1982, gañou dúas medallas de prata nos xogos olímpicos de Beijín (Pekín)?  
En que deporte competía?

3º Ciclo:

Que futbolista nado en Redondela participou en dúas olimpíadas?
En que anos?
Cal era o seu alcume?
Que selección representou?


Atinade ben coas respostas!!! Moita sorte a tod@s @s participantes!!!!

No hay comentarios :

Publicar un comentario