9 jun. 2017

SEMANA DA CIENCIA

Os nenos e nenas do CEP Santa Mariña celebramos, do 5 ao 9 de Xuño a Semana da Ciencia!!. E aprendemos moito co visionamento dos experimentos que os nosos compañeiros científicos gravaron despois de ter realizado un intenso traballo de investigación. 

Ben por vós!!!!. Sodes uns auténticos científicos e científicas!!. 👏👌👌

6 jun. 2017

LECTURA NA RÚA EN REDONDELA TV

Conseguimos que a lectura e o CEP Santa Mariña sexan protagonistas por un día en redondela tv, a televisión online da nosa vila!!!. 



4 jun. 2017

REDONDELA E O MAR (MUNDO CAL)

O coñecido fotógrafo, Mundo Cal, cedeunos unha extraordinaria exposición de fotos que amosa esa relación tan estreita de Redondela co mar e a súa evolución no tempo.Moitas grazas, Mundo, por ser tan amable de visitarnos e explicárnolo todo con detalle!!. 


3 jun. 2017

OS NENOS DO EEI A MARISMA VISITAN A NOSA BIBLIO


Os nenos e nenas de Ed. Infantil viñeron a coñecer o que será o seu novo cole o vindeiro ano. Por suposto, preparamos para eles unha acollida especial no lugar máis máxico do centro, a nosa biblio. 
Ademais, escoitaron un conto precioso dramatizado marabillosamente pola profe Mari. 
Hasta pronto, peques!!!. Aquí vos esperan fantásticas aventuras!!!!!!.