Xa estamos na etapa nº 3 do noso concurso olímpico!!! Esta semana recorreremos xuntos o camiño que vai dende a fermosa cidade de A Coruña ata Lugo. As preguntas do concurso son as seguintes
1º ciclo:
Cal é a praza máis importante de A Coruña?
Por que recibe ese nome?
Quen foi o autor da estatua situada no medio da praza? En que material foi realizada esta estatua?
2º ciclo:
Cal é a orixe do nome de Lugo?
Que monumento desta cidade foi declarado Patrimonio da Humanidade? En que ano?
Debuxa en cor este monumento.
3º ciclo:
Quen fixo retroceder en A Coruña ás tropas inglesas e como o conseguiu?
Cando se construíu a torre de Hércules, que arquitecto a deseñou e en que día, mes e ano foi proclamada Patrimonio da Humanidade?
Pucho Boedo, cantautor coruñés, púxolle música a poemas de escritores galegos. Quen foron eses escritores? (Nomea polo menos tres)
E.. con música do grupo Los Tamara vos deixo!!! Moita sorte e a pescudar!!!
Blogue da biblioteca, normalización lingüística e de actividades extraescolares do CEP Santa Mariña de Redondela
No hay comentarios :
Publicar un comentario