23 abr 2012

FELIZ DÍA DO LIBRO!!

Que feliz estamos hoxe dende a biblioteca!!! Hoxe é un día moi especial xa que estamos celebrando o día do libro. Cantas cousas poden pasar lendo un libro!!! Aprendemos un montón de cousas, podemos ir a diferentes lugares sen movernos da  casa, coñecemos a moitos personaxes... Que mellor que con un libro!!!

Que libro estades lendo agora?

Cal sería a vosa recomendación?

Esta semana temos un montón de actividades preparadas!!!

Hoxe, no día do libro teremos a visita dun contacontos para o primeiro ciclo de primaria!!

Durante esta semana teremos unha exposición de libros en galego que durará ata o día das Letras Galegas.

Ademais, o venres faremos un "trueque" de libros entre os compañeiros, así que ide traendo os libros que queredes intercambiar.

Feliz lectura nen@s e... FELIZ DÍA DO LIBRO!!!

No hay comentarios :

Publicar un comentario