3 nov. 2014

SAMAÍN 2014 Aula do medo na biblioteca: " Nana amósanos imaxes sorprendentes duns momentos inesquecibles ".

24 oct. 2014

Nana infórmavos de que imos participar nunha actividade conxunta coas outras bibliotecas escolares e municipais de Redondela para celebrar o Día das Bibliotecas Escolares. Será unha campaña denominada "Libros Solidarios" e consistirá no intercambio dun libro por un alimento non perecedoiro(latas de conserva, aceite, legumes...) ou un artículo de hixiene persoal (champú, pasta de dentes...). Os libros para a campaña serán aportados pola nosa biblioteca. Nana escollerá os libros que temos duplicados ou que xa non son tan recentes... Os nenos e nenas que queirades podedes colaborar nesta actividade solidaria traendo da casa os libros que xa non usedes e que estean en bó estado (sempre co permiso dos vosos pais). A partir de hoxe mesmo xa podedes ir traendo os libros que queirades doar e para traer os alimentos e facer o intercambio debedes esperar a un novo aviso.

9 oct. 2014

Dende esta semana xa está aberta a biblioteca para que poidades desfrutar lendo novos libros e contos marabillosos.