Xogos

CONCURSO DAS OLIMPÍADAS

Nas próximas semanas comezaremos cun concurso sobre as olimpíadas. Participaremos por clase e en grupos. O funcionamento será o seguinte:

- Cada clase estará dividida en catro grupos e cada un participará cada semana.
- Todas as semanas sairá unha pregunta no blogue (probablemente o mércores), que teredes que responder en grupo e metela no buzón correspondente ao voso ciclo que estará na entrada do cole.
- O xogo consta de 15 etapas: un percorrido dende Santa Mariña ata Londres.Se respondedes de forma correcta pasaredes a seguinte etapa, no caso contrario non poderedes avanzar e quedaredes polo camiño.
-Ollo!! Non podedes pedir axuda aos vos@s titor@s, teredes que argallar a maneira de conseguir a resposta correcta.

Preparad@s???? Pois moi atent@s á publicación das preguntas!!!










1- Déixovos un xogo misterioso o cal tedes que intentar resolver. Pinchade na imaxe para ir a "El misterio de los cristales gigantes"