11 abr 2012

XOGO OLÍMPICO: ETAPA Nº 7

Despois de unhas pequenas vacacións continuamos co noso xogo olímpico!!! Nesta ocasión deixaremos atrás a cidade de San Sebastián e chegaremos a Pamplona. Pasemos xa coas preguntas desta semana

1º ciclo:
Cal é o nome de San Sebastián en euskera?
A que comunidade autónoma pertence?
Que ocurrirá en San Sebastián no ano 2016?
Que dous importantes festivais teñen lugar cada ano en San Sebastián?


2º ciclo:
Que famoso deportista desta etapa gañou unha medalla de ouro na contrarreloxo nos Xogos Olímpicos de Atlanta en 1996?
Que  famoso personaxe deu a coñecer os Sanfermíns en todo o mundo?
Cal é a curva máis pechada no percorrido dos Sanfermíns?

3º ciclo:
Grupo 2:
Que futbolista da selección española nado en "Santillana del Mar" marcou 4 goles nun partido España-Malta que nos clasificou para a Eurocopa 84?
Como se chama o atractivo turístico coñecido como "A Capela Sixtina da arte cuaternaria"?

Grupo 3:
En que ano foi fundada San Sebastián e por quen?
Como se chaman os xogadores de pelota vasca? 


Ollo!!!!! O 3º ciclo xogan dúas etapas xuntas!!! Sorte a tod@s e a pescudar!!!!
 

No hay comentarios :

Publicar un comentario