24 nov 2018

O CEP SANTA MARIÑA CONTRA A VIOLENCIA MACHISTA

O pasado venres para reivindicar o rechazo contra a violencia de xénero o noso centro participou en diversos actos en colaboración co Concello de Redondela. Ademais, no colexio lemos un manifesto e cantamos a canción "Déjala que baile".


DÍA DA INFANCIA

O pasado 20 de novembro celebrouse o Día Internacional da Infancia e o alumnado de primeiro e segundo para conmemorar esta data elaboramos un mural co título AS NENAS E OS NENOS TEMOS OS MESMOS DEREITOS. Con esta actividade quixemos pór o énfase nos estereotipos que a sociedade nos impón por cuestión de xénero. 

Por que un neno non pode ser bailarín de ballet?, por que unha cativa non pode ser futbolista?, pode unha nena ser a máis forte da aula? e un neno moi sensible?...
Comprobamos que os máis  pequenos e pequenas do cole parece que o temos claro e apenas hai prexuizos e vós? Tedes?


CONTACONTOS NA BIBLIOTECA D@S DE SEXTO

Como estamos de estrea na casa de Nana, as nenas e nenos de sexto prepararon uns contos para presentarllos aos máis pequenos/as do colexio. Fixérono de marabilla. Quedamos con gañas de máis!







O TEMA DESTE CURSO

Como xa saberedes a estas alturas do curso, o ano pasado todo o alumnado do centro, primeiro suxeriu e logo votamos, o tema a traballar por todo o colexio para este curso. De entre todas as propostas que se seleccionaron a mais votada foi "A MULLER". Este é o motivo polo que está a ser o eixe central de toda a actividade do centro.
A biblioteca, como impulsora desta iniciativa, tamén está renovándose nestas cuestións e, ademais de facer un espurgo necesario cos exemplares poucos respectuosos coas diferenzas de xénero, temos unha nova oferta lectora onde as mulleres recuperan  o seu merecido espazo na historia e na literatura. Mirade algún exemplos doq ue vos podedes atopar na biblioteca!







22 nov 2018

XA ESTAMOS DE VOLTA!!

Este curso tardamos un pouco en comezar a publicar no noso blogue porque estivemos moi liados e liadas movendo libros, andeis, mesas, adornando...

O caso é que, durante os meses de setembro e outubro a nosa biblioteca permaneceu pechada por obras.  Tivemos que esperar ata o mes de novembro para poder empezar a usala pero a espera pagou a pena. MIRADE!!










E isto é o principio xa que vai haber moitas  máis novidades que iremos introducindo pouco a pouco. Xa vos iremos contando.


NANA ESTÁ ENCANTADA COA SÚA NOVA CASA E NÓS TAMÉN!

27 abr 2018

II ENCONTRO DE LECTURA NA RÚA


O DÍA 20 DE ABRIL, O CEP SANTA MARIÑA ORGANIZOU A II EDICIÓN DE "LECTURA NA RÚA" PARA CONMEMORAR O DÍA DO LIBRO. ESTE ANO PARTICIPARON CON NÓS O IES ILLA DE SAN SIMÓN E A EEI A MARISMA E CONTAMOS CO APOIO DO CONCELLO E DA BIBLIOTECA MUNICIPAL.


AQUÍ TEDES AS MONTAXES COAS FOTOS E VIDEOS DESE DÍA:


GRUPOS DE 1º, 2º, 4º E 5º




GRUPOS DE 3º, 6º, EEI A MARISMA E IES SAN SIMÓN



ACTUACIÓN DENTRO DO MULTIUSOS





UN POUCO DE TODO: 



6 ene 2018

MÁIS CONTACONTOS DE PRIMEIRO

Deixámosvos os vídeos que tiñamos pendentes dos nenos e nenas de primeiro. Como xa vistes nos anteriores, nos primeiros meses estivemos contando o noso conto preferido aos nosos compañeiros e quedáronnos moitos sen publicar. Aquí están. Sentimos o retraso.


                                 1º B



1º C


1ºB 



1ºC


1ºC