28 oct 2019

 I FESTIVAL DE CURTAS DE MEDO

Para celebrar o Samaín o equipo de biblioteca convoca o I FESTIVAL DE CURTAS DE MEDO co noso colexio. Aquí tedes as bases. ANIMÁDEVOS!!





27 oct 2019

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

O 24 de outubro conmemórase  o Día das Bibliotecas Escolares e para celebralo xuntámonos todos e todas na entrada no colexio e lemos xuntas/os durante un tempo. Foi un momento no que compartimos libros con outras/os compañeiras/os de outros niveis e gozamos da lectura.


8 oct 2019

XOGOS NA BIBLIOTECA DAS NENAS E NENOS DE PRIMEIRO

Nestas primeiras semanas de cole o alumnado de primeiro foi coñecendo o noso centro. Para isto, primeiro fixeron un percorrido pasando probas por todo o edificio e acabaron na biblioteca atopando un conto que do que gozaron todos e todas xuntos/as. Outro día, convertéronse en detectives e descubriron a palabra agochada. Noutra ocasión, buscaron palabras en títulos de libros. Aquí tedes unhas oucas fotos para recordalo.


10 abr 2019

APRENDE O HIMNO DE LECTURA NA RÚA EN LSE

Aquí temos o vídeo titorial da canción de "Vén ler" (himno de Lectura na rúa) elaborado por algúnhas alumnas e alumnos de sexto. Nel explícannos paso a paso como facer correctamente os signos do retrouso desta canción. Agora xa non temos escusa para non aprendela tamén en LSE.


1 abr 2019

MARUJA MALLO EN SEGUNDO

A semana pasada viñeron polo centro un escritor e unha ilustradora a falarnos dunha MULLER GALEGA adiantada os seus tempos: Maruja Mallo.
Entre os dous fixéronnos pasr un bo momento e coñecer a unha das grandes artistas da nosa Terra, con obras nos museos máis prestixiosos do mundo.
Para rematar, Tania axudounos a facer o nsos propio retrato de Maruja Mallo. Mirade!


19 mar 2019

DÍA DA NENA E A MULLER NA CIENCIA

O pasado 11 de febreiro celebrouse o Día da muller e a  nena na ciencia e no cole para conmemoralo pedimos ao alumando que buscasen unha muller próxima a eles/as que traballe ou ben estude algo relacionado coa ciencia. Unha vez escollida tiñan que facerlle unha pequena entrevista e sacar unha foto con ela. O resultado foi o que vedes a continuación e que podedes gozar na entrada principal do noso centro.






MOITAS GRAZAS A TODAS AS FAMILIAS POR COLABORAR NESTA INICIATIVA!!

17 mar 2019

MALETA POLA IGUALDADE

Durante catro semanas tivemos no noso centro unha maleta cedida polo CEFORE con volumenes para compartir lecturas non sexistas e libres de estereotipos machistas. Estes libros anímannos a construír un mundo novo onde cada un de nós: nenos ou nenas decidamos libremente o que queremos facer, estudar, traballar, vestir, opinar...






ROSALÍA DE CASTRO

O alumando de sexto estivo estudando á escritora Rosalía de Castro e elaboraron este mural para conmemorar o día do seu nacemento


31 ene 2019

O CASAMENTO DOS PAXARIÑOS

Un ano máis, coa chegada da Candeloria, propoñémoslles aos rapaces e rapazas que se escriban cartas de amizade. As elixidas serán lidas na nosa radio escolar


A PAZ TEN NOME DE MULLER

Este mércores celebramos o Día da Paz no noso colexio. Semana antes buscamos as mulleres que foron Premios Nobel da Paz e descubrimos que foron 16 así que cada aula tivo unha e investigou sobre ela. Despois elaboramos uns trípticos con toda a información máis relevante. Aquí os podedes ver.

9 ene 2019




CREACIÓN DUN AUDIOLIBRO DE
MULLERES ESQUECIDAS AO LONGO DA HISTORIA


No segundo nivel do CEP Santa Mariña estamos a desenvolver un proxecto
educativo durante este curso que consiste e volver a contar a historia da
Humanidade dun xeito positivo desde o punto de vista do xénero, é dicir,
incluíndo a historia de moitas mulleres esquecidas e/ou deostadas polos
prexuízos machistas.


A actividade que levamos a cabo neste sentido cos ipads foi a de crear un
audiolibro onde o noso alumnado lle pon voz a algunhas das  mulleres que
ao longo da historia foron silenciadas.
Titulámolo: As voces silenciadas


7 ene 2019

TÍTERES POLA COEDUCACIÓN

O pasado xoves 20 de decembro fomos ao multiusos da Xunqueira a gozar dun espectaculo de títeres organizado polo noso centro e a Universidade de Vigo grazas ao proxecto G-Book que promove a literatura infantil positiva desde o punto de vista do xénero onde se rompan con estereotipos machistas .


Recomendámosvos visitar esta páxina. Nela atoparedes bibliografía, xogos e outros recursos moi interesantes: https://g-book.eu/es/

LECTURAS COMPARTIDAS ENTRE SEXTO E SEGUNDO

Os alumnos e alumnas de sexto e segundo compartiron lecturas durante unha xornada.



CONTACONTOS DO ALUMANDO DO IES FLORIANI

Na última semana de clase antes das vacacións de Nadal un grupo de alumnas do IES Pedro Floriani achegouse ao noso centro a contar uns contos ao alumnado de segundo.
Sempre é unha boa experiencia que nos conten historias e ter contacto entre centros de Primaria e Secundaria. Grazas chicas pola visita! Esperamos que volvades