24 oct. 2017

CREAMOS PERSONAXES DE VIDEOXOGOS

Para conmemorar o DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES Nana propúxonos crear un personaxe de videoxogo, outorgarlle unha serie de poderes (tres fantásticos e outros tres reais), darlle un nome e colocalo na aula.
A todas as clases  pareceunos unha idea xenial, xa que, ademais, Nana vainos necesitar para axudala en moitas aventuras que imos vivir neste curso.
Neste vídeo presentámosvos a todos eles (ou máis ben elas porque a maioría son chicas!!)






5 oct. 2017

FACEMOS DE CONTACONTOS

Os rapacese rapazas que acabamos de chegar ao cole aínda que non sabemos ler ben de todo, xa podemos contar contos. Si, si, o que oídes xa estivemos contando as historias que máis nos gustan aos nosos compañeiros. Aquí vos deixamos uns vídeos onde se nos ve durante uns poucos segundos o ben que o facemos. Imaxinade cando chegue xuño!















AS NENAS E NENOS DE PRIMEIRO ESTREAMOS O NOSO RECUNCHO DE LECTURA

Este curso o alumnnado de primeiro teremos un recuncho de lectura propio. Nel poderemos relaxarnos e gozar coas lecturas que nos apetezan. Algúns de nós xa empezamos a utilizalo nestas primeiras semanas. Mirade que chulo!


29 sept. 2017

COMUNICADO DE NANA 

CURSO 2017 - 2018

"OS VIDEOXOGOS"

O día 11 de setembro, tódolos superheroes e superheroínas do CEP Santa Mariña, comezamos unha nova partida que ten como obxectivo a conquista do mundo do SABER e a defensa contra tódolos seres que intentan impedírnolo.
      A BIBLIOTECA, o noso centro base de operacións, abrirá as súas portas a partir do próximo luns día 9 de outubro. 

ESPERÁMOSVOS A TODOS E TODAS PARA COMEZAR XUNTOS UNHA NOVA PARTIDA.



9 jun. 2017

SEMANA DA CIENCIA

Os nenos e nenas do CEP Santa Mariña celebramos, do 5 ao 9 de Xuño a Semana da Ciencia!!. E aprendemos moito co visionamento dos experimentos que os nosos compañeiros científicos gravaron despois de ter realizado un intenso traballo de investigación. 

Ben por vós!!!!. Sodes uns auténticos científicos e científicas!!. 👏👌👌

6 jun. 2017

LECTURA NA RÚA EN REDONDELA TV

Conseguimos que a lectura e o CEP Santa Mariña sexan protagonistas por un día en redondela tv, a televisión online da nosa vila!!!. 



4 jun. 2017

REDONDELA E O MAR (MUNDO CAL)

O coñecido fotógrafo, Mundo Cal, cedeunos unha extraordinaria exposición de fotos que amosa esa relación tan estreita de Redondela co mar e a súa evolución no tempo.Moitas grazas, Mundo, por ser tan amable de visitarnos e explicárnolo todo con detalle!!.