14 mar 2012

ETAPA Nº 5: COVADONGA-SANTILLANA DEL MAR

Xa vamos pola 5ª etapa!!! Noraboa a todos aqueles que acertárades as preguntas anteriores. Pasamos a unha etapa cheiña de encanto, xa que Asturias é coñecida pola súa paisaxe, os seus verdes prados, as súas montañas, e por suposto, pola súa gastronomía. Sen máis pasamos as preguntas desta semana:


1º ciclo:
En Covadonga houbo unha batalla:
En que ano foi?
Quen participou?
Quen gañou?
Cales son os nomes dos lagos de Covadonga?
Que reis están soterrados neste lugar?


2º ciclo:
Que cidade desta etapa é coñecida como a "vila das tres mentiras"? Por que?
Neste municipio atopamos arte prehistórico. En donde? Como se chama este tipo de arte?
Que famoso deportista cántabro naceu en Pedreña en 1957? En que deporte destacou?

3º ciclo:
 Quen foi o rei que iniciou a reconquista e en que ano?
En que ano naceron os premios "Príncipe de Asturias" e como se chama o teatro onde se entregan ditos premios?
Con que deporte está relacionado Angliru?

Moita sorte a tod@s @s participantes!!!!

No hay comentarios :

Publicar un comentario