23 ene 2012

Curiosidades...

Queren que rapar ovellas sexa modalidade olímpica: Dende Nova Zelandia, os granxeiros, piden que a esquila de ovellas sexa recoñecido como deporte e ademais sexa incluído como deporte olímpico.

En dous meses aproximadamente se celebrará en Masterton (Illa Norte) o campionato mundial de rapa de ovellas onde cada concursante deberá rapar 700 ovellas en oito horas. O récord masculino de rapa  é de Ivan Scott con 749 ovellas en oito horas e o feminino Kerri-Jo Huia con 507 ovellas no mesmo tempo.

Esta idea xa foi proposta no ano 2008, pero aínda non se aceptou como xogo olímpico. E vós, que opinades???

No hay comentarios :

Publicar un comentario