29 oct 2011

Exposición de cabazas

Este ano no cole tivemos unha exposición de cabazas do mellorciño. Eran cabazas moi deportistas. O nivel era moi alto e a decisión do xurado moi difícil. Grazas a tod@s por participar!!!

28 oct 2011

Exposición libros de medo

Esta semana tivemos na biblioteca unha exposición de libros de medo. Foi terrorificamente divertido, non si??

Cestas de outono: Gañadoras

Noraboa as cestas gañadoras e grazas a tod@s por participar. Unha vez máis tivemos a sorte de contar con moitísima participación.

24 oct 2011

Samaín

Para celebrar o Samaín nada mellor que unha canción. Déixovos esta canción de Mamá Cabra cunha montaxe da biblioteca CEIP Mestres Goldar: que medoooo!!!



CHEGA SAMAÍN!!

E co Samaín chega o concurso de cabazas do noso cole. Non vos olvidedes de traer a vosa! Podedes gañar un premio á cabaza máis orixinal.


10 oct 2011

AS MOCHILAS VIAXEIRAS

Esta semana comezaremos coas mochilas viaxeiras!!! Esta interesante experiencia nos dará a coñecer moitísimos máis libros que se agochan na biblioteca. Compartide as lecturas coas vosas familias e sobre todo gozade dunha boa lectura!!

Saúdos de Nana