30 ene 2012

Lecturas para a paz

Temos na biblioteca algunhas lecturas para traballar estos días. Un exemplo destas é "O nacemento do dragón" da Editorial Kalandraka. Gozade dunha boa lectura!!!!

DÍA DA PAZ E DA NON VIOLENCIA

Para este día vos deixo un vídeo dunha canción que nos deixa imaxinar un mundo mellor: "Imagine" de John Lennon

23 ene 2012

Curiosidades...

Queren que rapar ovellas sexa modalidade olímpica: Dende Nova Zelandia, os granxeiros, piden que a esquila de ovellas sexa recoñecido como deporte e ademais sexa incluído como deporte olímpico.

En dous meses aproximadamente se celebrará en Masterton (Illa Norte) o campionato mundial de rapa de ovellas onde cada concursante deberá rapar 700 ovellas en oito horas. O récord masculino de rapa  é de Ivan Scott con 749 ovellas en oito horas e o feminino Kerri-Jo Huia con 507 ovellas no mesmo tempo.

Esta idea xa foi proposta no ano 2008, pero aínda non se aceptou como xogo olímpico. E vós, que opinades???

16 ene 2012

Para os que lles gusta a pintura e a filosofía

Chega a biblioteca dous libros do máis interesante da colección sabelotodos. Non vos podedes perder estes dous títulos tan interesantes. Boa lectura!!!

Novas lectoras

Chega a nosa biblioteca da editorial Macmillan novos libros. Trátase da colección librosaurio que ten uns titulos do máis apetecible!!! Boa lectura!!!

12 dic 2011

UN LIBRO PARA NADAL

Se queredes seguir cantando na vosa casa co grupo Mamá Cabra, recoméndovos este libro recén saído ao mercado: "Xa me tardan estes Magos". Neste libro encontraredes música e poemas moi divertidos sobre o Nadal (ademáis de un rock moi marchoso chamado Bacallau con Coliflor). Espero que vos guste!!!

NOVIDADES!!!

Aquí vos deixo máis novidades da nosa biblioteca!!! Hai libros recomendables para esta época do ano. Non vos quededes sin ler!!!