Os nenos e nenas do CEP Santa Mariña celebramos, do 5 ao 9 de Xuño a Semana da Ciencia!!. E aprendemos moito co visionamento dos experimentos que os nosos compañeiros científicos gravaron despois de ter realizado un intenso traballo de investigación.
Ben por vós!!!!. Sodes uns auténticos científicos e científicas!!. 👏👌👌
Blogue da biblioteca, normalización lingüística e de actividades extraescolares do CEP Santa Mariña de Redondela
9 jun 2017
6 jun 2017
LECTURA NA RÚA EN REDONDELA TV
Conseguimos que a lectura e o CEP Santa Mariña sexan protagonistas por un día en redondela tv, a televisión online da nosa vila!!!.
4 jun 2017
REDONDELA E O MAR (MUNDO CAL)
O coñecido fotógrafo, Mundo Cal, cedeunos unha extraordinaria exposición de fotos que amosa esa relación tan estreita de Redondela co mar e a súa evolución no tempo.Moitas grazas, Mundo, por ser tan amable de visitarnos e explicárnolo todo con detalle!!.
3 jun 2017
OS NENOS DO EEI A MARISMA VISITAN A NOSA BIBLIO
Os nenos e nenas de Ed. Infantil viñeron a coñecer o que será o seu novo cole o vindeiro ano. Por suposto, preparamos para eles unha acollida especial no lugar máis máxico do centro, a nosa biblio.
Ademais, escoitaron un conto precioso dramatizado marabillosamente pola profe Mari.
Hasta pronto, peques!!!. Aquí vos esperan fantásticas aventuras!!!!!!.
27 may 2017
Visita biólogo mariño. Enseada de San Simón. Maio 2017
Os Días 25 e 26 de Maio recibimos a visita de Nacho Lueiro, biólogo mariño que nos ensinou moitas cousas sobre o mar e a Enseada de San Simón. Asistimos a unha charla no cole e despois fomos ata o peirao de Cesantes. Pareceunos super interesante!!!!!. Grazas Nacho!!. Foi unha sorte contar contigo!!!.
21 may 2017
EXPERIMENTANDO CON NANA
Pinchando no seguinte enlace podedes ver tódolos videos dos experimentos elaborados para a Semana da Ciencia. Nana está moi orgullosa de tódolos seus grandes científicos e científicas!!!!!✌✌✌
15 may 2017
Kizoa Editar Videos - Movie Maker: LECTURA NA RÚA 2017
O Día 4 de Maio levouse a cabo "Lectura na Rúa", esa actividade fantástica para o fomento da lectura na que participou o CEP Santa Mariña xunto co EEI A Marisma co apoio da Biblio Municipal e a nosa ANPA. Como a experiencia nos encantou a todos, o Equipo de Biblioteca elaborou este video para que poidades gozar das imaxes cantas veces queirades. E lembrade que "Lectura na Rúa" volverá a celebrarse o vindeiro curso!!!!!. 😊😊
Suscribirse a:
Entradas
(
Atom
)