Queridos nenos e nenas!!. Unha vez máis a biblio do cole se convertiu no lugar perfecto para vivir as máis incribles aventuras. Recordade que aquí calquera cousa é posible. Non deixedes de visitar a Nana para que vos guíe polas máis fantásticas experiencias!!!.
Blogue da biblioteca, normalización lingüística e de actividades extraescolares do CEP Santa Mariña de Redondela
10 nov 2016
11 sept 2016
BENVIDOS AO CURSO 2016 - 2017
Queridísimos nenos e nenas!!. Benvidos a este novo curso 2016 - 2017. Nana convídavos a vivir UN MAR DE AVENTURAS no CEP Santa Mariña!!. Estades listos???.
Pois zarpamos xaaaaaaaaaaaaa.................
24 feb 2015
CITA A CEGAS CUN LIBRO
O DÍA 13 DE FEBREIRO PARA CELEBRAR SAN VALENTÍN NO CEP SANTA MARIÑA PUXÉMONOS SENTIMENTALES ORGANIZANDO UNHA ACTIVIDADE COMÚN PARA TODO O CENTRO. CADA NEN@ RECIBIU UN AGASALLO QUE INCLUÍA: UN LIBRO DA BIBLIOTECA, UNHA CARTA DE AMIZADE E UN MARCAPÁXINAS DECORADO PARA A OCASIÓN.
FOI MOI EMOCIONANTE!!!
3 nov 2014
24 oct 2014
Nana infórmavos de que imos participar nunha actividade conxunta coas outras bibliotecas escolares e municipais de Redondela para celebrar o Día das Bibliotecas Escolares.
Será unha campaña denominada "Libros Solidarios" e consistirá no intercambio dun libro por un alimento non perecedoiro(latas de conserva, aceite, legumes...) ou un artículo de hixiene persoal (champú, pasta de dentes...).
Os libros para a campaña serán aportados pola nosa biblioteca. Nana escollerá os libros que temos duplicados ou que xa non son tan recentes... Os nenos e nenas que queirades podedes colaborar nesta actividade solidaria traendo da casa os libros que xa non usedes e que estean en bó estado (sempre co permiso dos vosos pais).
A partir de hoxe mesmo xa podedes ir traendo os libros que queirades doar e para traer os alimentos e facer o intercambio debedes esperar a un novo aviso.
9 oct 2014
24 nov 2013
25 de novembro, día Internacional contra a violencia de xénero.
Ola!!
Velaiquí o vídeo coa canción que imos cantar o día Internacional contra a violencia de xénero, o luns 25 de novembro, "Salir corriendo", de Amaral.
Quédavos coa letra, por se inda non a sabedes...
Velaiquí o vídeo coa canción que imos cantar o día Internacional contra a violencia de xénero, o luns 25 de novembro, "Salir corriendo", de Amaral.
Quédavos coa letra, por se inda non a sabedes...
Suscribirse a:
Entradas
(
Atom
)