7 mar 2013

RECURSO PARA BUSCAR BEN NA REDE

Déixovos un interesantísimo recurso feito por Olga e Charo do PLAMBE que nos ensina diversos trucos para buscar mellor na rede. Internet é unha ferramenta poderosísima, a cal hai que aprender a utilizar correctamente. Botádelle un vistazo a este recurso, xa que paga a pena. Clicade na imaxe para acceder a el.


27 feb 2013

Actividades con Rosalía de Castro

Por mor da celebración do día de Rosalía de Castro e do 150 aniversario da publicación do libro "Cantares Gallegos" recollo actividades feitas por compañeiros que poden servir para ilustrar a vida e obra da autora.
Clicade nos enlaces para ir a eles:

LIM sobre a vida e obra de Rosalía

LIM feito pol@s mestr@s do colexio CEIP Alexandre Bóveda de Chapela (Redondela) con actividades relacionadas coa súa poesía.

LIM sobre un poema de Rosalía

LIM colaborativo sobre un poema de Rosalía aloxado no blog actividadeslim.blogspot.com

Grazas por compartir os vosos traballos!!

Cancións para traballar en ciclos

Blog de música onde se recollen as cancións que traballaremos nos ciclos sobre poemas do libro "Cantares Gallegos" de Rosalía de Castro






14 feb 2013

Contamos historias: compartimos!!

Os nenos e nenas de 1º ciclo fixeron de contacontos para os nenos e nenas do 3º ciclo. Que ben o fixeron!!! Esta actividade foi proposta para celebrar o día da paz e da non violencia na escola. Compartindo podemos aprender moitas cousas e os máis pequenos nos demostraron unha vez máis canto valen!! Noraboa rapac@s!!!


28 ene 2013

LIM: O día da Paz

Déixovos un LIM relacionado co día da Paz feito por Julia González González. Nel descubriremos por qué se celebra o día da Paz o 30 de Xaneiro ou personaxes importantes que defenderon a paz toda a súa vida.
Clica na imaxe para ir ao LIM


9 ene 2013

NOVIDADES!!!

Esta semana temos moitas novidades na biblioteca. Se a visitades poderedes atopar libros de misterio ou cómics de Batman. Non vos esquezades de visitar a biblioteca para coller as últimas novidades editoriais!!!!








14 dic 2012

Xogos de Nadal

Vos deixo unha recopilación de xogos de Nadal feito por Belen Junq. Espero que vos gusten!!!

Clicade na imaxe para acceder


26 nov 2012

Os fantásticos libros voladores

Hoxe vai de curtametraxes!!! Aquí vos deixo un vídeo dunha curtametraxe gañadora dos Oscar 2012. Espero que vos guste!!!