17 mar 2019

MALETA POLA IGUALDADE

Durante catro semanas tivemos no noso centro unha maleta cedida polo CEFORE con volumenes para compartir lecturas non sexistas e libres de estereotipos machistas. Estes libros anímannos a construír un mundo novo onde cada un de nós: nenos ou nenas decidamos libremente o que queremos facer, estudar, traballar, vestir, opinar...






ROSALÍA DE CASTRO

O alumando de sexto estivo estudando á escritora Rosalía de Castro e elaboraron este mural para conmemorar o día do seu nacemento


31 ene 2019

O CASAMENTO DOS PAXARIÑOS

Un ano máis, coa chegada da Candeloria, propoñémoslles aos rapaces e rapazas que se escriban cartas de amizade. As elixidas serán lidas na nosa radio escolar


A PAZ TEN NOME DE MULLER

Este mércores celebramos o Día da Paz no noso colexio. Semana antes buscamos as mulleres que foron Premios Nobel da Paz e descubrimos que foron 16 así que cada aula tivo unha e investigou sobre ela. Despois elaboramos uns trípticos con toda a información máis relevante. Aquí os podedes ver.

9 ene 2019




CREACIÓN DUN AUDIOLIBRO DE
MULLERES ESQUECIDAS AO LONGO DA HISTORIA


No segundo nivel do CEP Santa Mariña estamos a desenvolver un proxecto
educativo durante este curso que consiste e volver a contar a historia da
Humanidade dun xeito positivo desde o punto de vista do xénero, é dicir,
incluíndo a historia de moitas mulleres esquecidas e/ou deostadas polos
prexuízos machistas.


A actividade que levamos a cabo neste sentido cos ipads foi a de crear un
audiolibro onde o noso alumnado lle pon voz a algunhas das  mulleres que
ao longo da historia foron silenciadas.
Titulámolo: As voces silenciadas


7 ene 2019

TÍTERES POLA COEDUCACIÓN

O pasado xoves 20 de decembro fomos ao multiusos da Xunqueira a gozar dun espectaculo de títeres organizado polo noso centro e a Universidade de Vigo grazas ao proxecto G-Book que promove a literatura infantil positiva desde o punto de vista do xénero onde se rompan con estereotipos machistas .


Recomendámosvos visitar esta páxina. Nela atoparedes bibliografía, xogos e outros recursos moi interesantes: https://g-book.eu/es/

LECTURAS COMPARTIDAS ENTRE SEXTO E SEGUNDO

Os alumnos e alumnas de sexto e segundo compartiron lecturas durante unha xornada.