Os rapacese rapazas que acabamos de chegar ao cole aínda que non sabemos ler ben de todo, xa podemos contar contos. Si, si, o que oídes xa estivemos contando as historias que máis nos gustan aos nosos compañeiros. Aquí vos deixamos uns vídeos onde se nos ve durante uns poucos segundos o ben que o facemos. Imaxinade cando chegue xuño!
Blogue da biblioteca, normalización lingüística e de actividades extraescolares do CEP Santa Mariña de Redondela
5 oct 2017
AS NENAS E NENOS DE PRIMEIRO ESTREAMOS O NOSO RECUNCHO DE LECTURA
Este curso o alumnnado de primeiro teremos un recuncho de lectura propio. Nel poderemos relaxarnos e gozar coas lecturas que nos apetezan. Algúns de nós xa empezamos a utilizalo nestas primeiras semanas. Mirade que chulo!
29 sept 2017
COMUNICADO DE NANA
CURSO 2017 - 2018
"OS VIDEOXOGOS"
O día 11
de setembro, tódolos superheroes e superheroínas do CEP Santa Mariña, comezamos
unha nova partida que ten como obxectivo a conquista do mundo do SABER e a
defensa contra tódolos seres que intentan impedírnolo.
A
BIBLIOTECA, o noso centro base de operacións, abrirá as súas portas a partir do
próximo luns día 9 de outubro.
ESPERÁMOSVOS A TODOS E TODAS PARA COMEZAR XUNTOS UNHA NOVA PARTIDA.
9 jun 2017
SEMANA DA CIENCIA
Os nenos e nenas do CEP Santa Mariña celebramos, do 5 ao 9 de Xuño a Semana da Ciencia!!. E aprendemos moito co visionamento dos experimentos que os nosos compañeiros científicos gravaron despois de ter realizado un intenso traballo de investigación.
Ben por vós!!!!. Sodes uns auténticos científicos e científicas!!. 👏👌👌
Ben por vós!!!!. Sodes uns auténticos científicos e científicas!!. 👏👌👌
6 jun 2017
LECTURA NA RÚA EN REDONDELA TV
Conseguimos que a lectura e o CEP Santa Mariña sexan protagonistas por un día en redondela tv, a televisión online da nosa vila!!!.
4 jun 2017
REDONDELA E O MAR (MUNDO CAL)
O coñecido fotógrafo, Mundo Cal, cedeunos unha extraordinaria exposición de fotos que amosa esa relación tan estreita de Redondela co mar e a súa evolución no tempo.Moitas grazas, Mundo, por ser tan amable de visitarnos e explicárnolo todo con detalle!!.
3 jun 2017
OS NENOS DO EEI A MARISMA VISITAN A NOSA BIBLIO
Os nenos e nenas de Ed. Infantil viñeron a coñecer o que será o seu novo cole o vindeiro ano. Por suposto, preparamos para eles unha acollida especial no lugar máis máxico do centro, a nosa biblio.
Ademais, escoitaron un conto precioso dramatizado marabillosamente pola profe Mari.
Hasta pronto, peques!!!. Aquí vos esperan fantásticas aventuras!!!!!!.
Suscribirse a:
Entradas
(
Atom
)