Blogue da biblioteca, normalización lingüística e de actividades extraescolares do CEP Santa Mariña de Redondela
29 abr 2017
LECTURA COMPARTIDA CON 1º E 2º
Cada 15 días, o alumnado voluntario de 5º e 6º comparte a lectura, durante o recreo, cos máis pequeniños do cole (os nenos de 1º e 2º) igual que se facía o curso pasado.
Aos maiores encántalles recibir a atención e o agarimo dos máis cativos así que a actividade continuará........
>
19 abr 2017
LIBROS QUE ALIMENTAN A DIVERSIDADE
Un ano máis no mes de abril temos o noso recuncho de lectura actualizado coa exposición de libros correspondente para celebrar a DIVERSIDADE.
Este ano temos que celebrar que o noso centro colabora no proxecto "ALTO, ALTO COMO UNA MONTAÑA" que gañou o segundo premio nacional de innovación educativa da Fundación GSD.

O xurado destacou a sensibilidade coa que se afronta a educación do alumnado con autismo, coa elaboración de material propio e a implicación das familias, persoal do centro e outros profesionais.
Para ver o vídeo da presentación do proxecto preme AQUI
Para ver o vídeo da gala de premios preme AQUÍ
1 abr 2017
MÁIS CONTACONTOS DOS PROFES!!!!
Moitas grazas a tódolos profes que participaron nesta actividade: Sonia, Geno, Loli, Mari, Ana e Alejandra. Foi xenial!!!!.
31 mar 2017
XORNADAS DE CONTACONTOS COS PROFES
Durante o mes de Marzo, algúns profes fixeron de contacontos para nós e deleitáronnos coas súas actuacións. A continuación podedes ver a dramatización que fixo a profe Mari para os nenos e nenas de terceiro. Pasámolo en grande!!.😅😅
15 mar 2017
NOVO RECUNCHO DE LECTURA NA BIBLIO!!!!!!!!!
Nenos e nenas de 1º e 2º!!!!. Na biblio temos un novo recuncho de lectura que vos vai encantar!!!!!. Nana invítavos a vir e probalo canto antes...!!!. 😍😍
16 feb 2017
EXPOSICIÓN DE BANDA DESEÑADA
Hola nenos e nenas!!. Nana avisa de que tedes unha nova exposición de cómic na biblio!!!!. Non deixedes de ir a vela pois é fantástica!!!!!!.
Moitos bikiños de parte de Nana que vos está esperando.
10 nov 2016
AVENTURA TERRORÍFICA NA BIBLIO
Queridos nenos e nenas!!. Unha vez máis a biblio do cole se convertiu no lugar perfecto para vivir as máis incribles aventuras. Recordade que aquí calquera cousa é posible. Non deixedes de visitar a Nana para que vos guíe polas máis fantásticas experiencias!!!.
Suscribirse a:
Entradas
(
Atom
)