Outra das actividades que fixemos foi unha exposición con caricaturas e caligramas de Rosalía de Castro. Somos uns artistas!!!
Blogue da biblioteca, normalización lingüística e de actividades extraescolares do CEP Santa Mariña de Redondela
7 may 2013
Actividades do Día do Libro (1ª parte)
Por mor da celebración da quincena do libro no noso cole traballamos con Rosalía de Castro. O alumnado de 3º ciclo fixo unha lectura colectiva do poema "Airiños aires" do libro "Cantares gallegos" da autora. Aquí van algunhas fotos:
2 may 2013
Ler da soños
Seguimos cos lemas para a animación da lectura na biblioteca. Este é un mural virtual no que podemos engadir máis lemas en canto nos vaian chegando. Pasade pola biblioteca e un mundo de aventuras poderedes descubrir!!!
30 abr 2013
Lemas da biblioteca
Esta semana estamos a recibir moitos lemas para a animación da lectura na biblioteca. Grazas a todos os que colaborades!!! Aquí van algúns nesta nube de palabras
23 abr 2013
Feliz día do libro!!!
Hoxe é o día do libro!! No cole estamos levando unha serie de actividades para a celebración deste día tan especial. Estes días deixarei algunha imaxe do que está a acontecer polo nos cole neste blog.
Para comezar estamos facendo lemas para as paredes da biblioteca. Queremos que todos os nenos e nenas sexan bos lectores. Deixo aquí un exemplo de lema para animar a que esta semana visitedes máis que nunca a nosa biblioteca
9 abr 2013
ACTIVIDADES CON ROSALÍA
Estas semanas celebraremos a semanadolibro con diversas actividades.Unhadas actividades propostas ten que ver coa famosa escritora Rosalía de Castro. Este ano se celebra o 150 aniversario do seu libro "Cantares Gallegos". En cada aula imos recitar un poema deste libro e despois cantar estes poemas musicados.
1º ciclo: "Adios ríos, adios fontes" Clica na imaxe para acceder ao poema
Vídeo do poema musicado cantado por Amancio Prada
2º Ciclo: Un repoludo Galiteiro (clica na imaxe para acceder ao poema):
Vídeo do poema musicado cantado polo grupo "Los Tamara"
1º ciclo: "Adios ríos, adios fontes" Clica na imaxe para acceder ao poema

2º Ciclo: Un repoludo Galiteiro (clica na imaxe para acceder ao poema):
Vídeo do poema "Un repoludo Gaiteiro" musicado por Amancio Prada
3º ciclo: Poema "Airiños Aires": Clica na imaxe para acceder ao poema
Vídeo do poema musicado cantado polo grupo "Los Tamara"
7 mar 2013
RECURSO PARA BUSCAR BEN NA REDE
Déixovos un interesantísimo recurso feito por Olga e Charo do PLAMBE que nos ensina diversos trucos para buscar mellor na rede. Internet é unha ferramenta poderosísima, a cal hai que aprender a utilizar correctamente. Botádelle un vistazo a este recurso, xa que paga a pena. Clicade na imaxe para acceder a el.
Suscribirse a:
Entradas
(
Atom
)