24 nov 2018

O TEMA DESTE CURSO

Como xa saberedes a estas alturas do curso, o ano pasado todo o alumnado do centro, primeiro suxeriu e logo votamos, o tema a traballar por todo o colexio para este curso. De entre todas as propostas que se seleccionaron a mais votada foi "A MULLER". Este é o motivo polo que está a ser o eixe central de toda a actividade do centro.
A biblioteca, como impulsora desta iniciativa, tamén está renovándose nestas cuestións e, ademais de facer un espurgo necesario cos exemplares poucos respectuosos coas diferenzas de xénero, temos unha nova oferta lectora onde as mulleres recuperan  o seu merecido espazo na historia e na literatura. Mirade algún exemplos doq ue vos podedes atopar na biblioteca!







No hay comentarios :

Publicar un comentario