24 nov 2018

DÍA DA INFANCIA

O pasado 20 de novembro celebrouse o Día Internacional da Infancia e o alumnado de primeiro e segundo para conmemorar esta data elaboramos un mural co título AS NENAS E OS NENOS TEMOS OS MESMOS DEREITOS. Con esta actividade quixemos pór o énfase nos estereotipos que a sociedade nos impón por cuestión de xénero. 

Por que un neno non pode ser bailarín de ballet?, por que unha cativa non pode ser futbolista?, pode unha nena ser a máis forte da aula? e un neno moi sensible?...
Comprobamos que os máis  pequenos e pequenas do cole parece que o temos claro e apenas hai prexuizos e vós? Tedes?


No hay comentarios :

Publicar un comentario