24 oct 2017

CREAMOS PERSONAXES DE VIDEOXOGOS

Para conmemorar o DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES Nana propúxonos crear un personaxe de videoxogo, outorgarlle unha serie de poderes (tres fantásticos e outros tres reais), darlle un nome e colocalo na aula.
A todas as clases  pareceunos unha idea xenial, xa que, ademais, Nana vainos necesitar para axudala en moitas aventuras que imos vivir neste curso.
Neste vídeo presentámosvos a todos eles (ou máis ben elas porque a maioría son chicas!!)






5 oct 2017

FACEMOS DE CONTACONTOS

Os rapacese rapazas que acabamos de chegar ao cole aínda que non sabemos ler ben de todo, xa podemos contar contos. Si, si, o que oídes xa estivemos contando as historias que máis nos gustan aos nosos compañeiros. Aquí vos deixamos uns vídeos onde se nos ve durante uns poucos segundos o ben que o facemos. Imaxinade cando chegue xuño!















AS NENAS E NENOS DE PRIMEIRO ESTREAMOS O NOSO RECUNCHO DE LECTURA

Este curso o alumnnado de primeiro teremos un recuncho de lectura propio. Nel poderemos relaxarnos e gozar coas lecturas que nos apetezan. Algúns de nós xa empezamos a utilizalo nestas primeiras semanas. Mirade que chulo!