21 oct 2021

 COMEZAMOS

 

Ola mozas e mozos de Redondela, comezamos un novo ano esta andaina onde imos vivir grandes aventuras e de paso, aprenderemos unha chea. Este ano ademáis somos superheroínas e superhéroes, e teremos que demostrar os nosos poderes!; estamos desexando descubrilos.

 

O luns 25 de outubro, abre a biblioteca, con moitas novidades e unha gran sorpresa. Estades preparados?? Esperámosvos. 😉😊



28 oct 2019

 I FESTIVAL DE CURTAS DE MEDO

Para celebrar o Samaín o equipo de biblioteca convoca o I FESTIVAL DE CURTAS DE MEDO co noso colexio. Aquí tedes as bases. ANIMÁDEVOS!!





27 oct 2019

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

O 24 de outubro conmemórase  o Día das Bibliotecas Escolares e para celebralo xuntámonos todos e todas na entrada no colexio e lemos xuntas/os durante un tempo. Foi un momento no que compartimos libros con outras/os compañeiras/os de outros niveis e gozamos da lectura.


8 oct 2019

XOGOS NA BIBLIOTECA DAS NENAS E NENOS DE PRIMEIRO

Nestas primeiras semanas de cole o alumnado de primeiro foi coñecendo o noso centro. Para isto, primeiro fixeron un percorrido pasando probas por todo o edificio e acabaron na biblioteca atopando un conto que do que gozaron todos e todas xuntos/as. Outro día, convertéronse en detectives e descubriron a palabra agochada. Noutra ocasión, buscaron palabras en títulos de libros. Aquí tedes unhas oucas fotos para recordalo.


10 abr 2019

APRENDE O HIMNO DE LECTURA NA RÚA EN LSE

Aquí temos o vídeo titorial da canción de "Vén ler" (himno de Lectura na rúa) elaborado por algúnhas alumnas e alumnos de sexto. Nel explícannos paso a paso como facer correctamente os signos do retrouso desta canción. Agora xa non temos escusa para non aprendela tamén en LSE.


1 abr 2019

MARUJA MALLO EN SEGUNDO

A semana pasada viñeron polo centro un escritor e unha ilustradora a falarnos dunha MULLER GALEGA adiantada os seus tempos: Maruja Mallo.
Entre os dous fixéronnos pasr un bo momento e coñecer a unha das grandes artistas da nosa Terra, con obras nos museos máis prestixiosos do mundo.
Para rematar, Tania axudounos a facer o nsos propio retrato de Maruja Mallo. Mirade!


19 mar 2019

DÍA DA NENA E A MULLER NA CIENCIA

O pasado 11 de febreiro celebrouse o Día da muller e a  nena na ciencia e no cole para conmemoralo pedimos ao alumando que buscasen unha muller próxima a eles/as que traballe ou ben estude algo relacionado coa ciencia. Unha vez escollida tiñan que facerlle unha pequena entrevista e sacar unha foto con ela. O resultado foi o que vedes a continuación e que podedes gozar na entrada principal do noso centro.






MOITAS GRAZAS A TODAS AS FAMILIAS POR COLABORAR NESTA INICIATIVA!!