Mostrando entradas con la etiqueta normas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta normas. Mostrar todas las entradas

22 nov 2018

XA ESTAMOS DE VOLTA!!

Este curso tardamos un pouco en comezar a publicar no noso blogue porque estivemos moi liados e liadas movendo libros, andeis, mesas, adornando...

O caso é que, durante os meses de setembro e outubro a nosa biblioteca permaneceu pechada por obras.  Tivemos que esperar ata o mes de novembro para poder empezar a usala pero a espera pagou a pena. MIRADE!!










E isto é o principio xa que vai haber moitas  máis novidades que iremos introducindo pouco a pouco. Xa vos iremos contando.


NANA ESTÁ ENCANTADA COA SÚA NOVA CASA E NÓS TAMÉN!

24 oct 2017

CREAMOS PERSONAXES DE VIDEOXOGOS

Para conmemorar o DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES Nana propúxonos crear un personaxe de videoxogo, outorgarlle unha serie de poderes (tres fantásticos e outros tres reais), darlle un nome e colocalo na aula.
A todas as clases  pareceunos unha idea xenial, xa que, ademais, Nana vainos necesitar para axudala en moitas aventuras que imos vivir neste curso.
Neste vídeo presentámosvos a todos eles (ou máis ben elas porque a maioría son chicas!!)






21 may 2013

Lanza ao mestre coas normas da biblioteca

Fai tempo fixemos un LIM coas normas da biblioteca que nos serviu para coñecer un pouco máis o funcionamento da nosa biblioteca. Hoxe vos propoño un xogo para non esquecernos dos pequenos detalles que fan que a biblioteca funcione mellor. Sobre todo é divertido!!! Preme na imaxe para acceder a el.






24 oct 2012

24 de outubro: Día Internacional das Bibliotecas

Para conmemorar o día das bibliotecas tedes no blog un LIM con actividades e xogos para coñecer un pouco máis a nosa biblioteca. Podedes acceder a el, ben pinchando directamente na barra superior en A biblioteca: as normas ou ben pinchando na imaxe de Nana de esta entrada.

Feliz día e feliz lectura!!!