11 sept 2016

BENVIDOS AO CURSO 2016 - 2017

Queridísimos nenos e nenas!!. Benvidos a este novo curso 2016 - 2017. Nana convídavos a vivir UN MAR DE AVENTURAS no CEP Santa Mariña!!. Estades listos???.
Pois zarpamos xaaaaaaaaaaaaa.................



24 feb 2015

CITA A CEGAS CUN LIBRO



O DÍA 13 DE FEBREIRO PARA CELEBRAR SAN VALENTÍN NO CEP SANTA MARIÑA PUXÉMONOS SENTIMENTALES  ORGANIZANDO UNHA ACTIVIDADE COMÚN PARA TODO O CENTRO.  CADA NEN@ RECIBIU UN AGASALLO QUE INCLUÍA: UN  LIBRO DA BIBLIOTECA, UNHA CARTA DE AMIZADE E UN MARCAPÁXINAS DECORADO PARA A OCASIÓN. 
FOI MOI EMOCIONANTE!!!

3 nov 2014

SAMAÍN 2014 Aula do medo na biblioteca: " Nana amósanos imaxes sorprendentes duns momentos inesquecibles ".

24 oct 2014

Nana infórmavos de que imos participar nunha actividade conxunta coas outras bibliotecas escolares e municipais de Redondela para celebrar o Día das Bibliotecas Escolares. Será unha campaña denominada "Libros Solidarios" e consistirá no intercambio dun libro por un alimento non perecedoiro(latas de conserva, aceite, legumes...) ou un artículo de hixiene persoal (champú, pasta de dentes...). Os libros para a campaña serán aportados pola nosa biblioteca. Nana escollerá os libros que temos duplicados ou que xa non son tan recentes... Os nenos e nenas que queirades podedes colaborar nesta actividade solidaria traendo da casa os libros que xa non usedes e que estean en bó estado (sempre co permiso dos vosos pais). A partir de hoxe mesmo xa podedes ir traendo os libros que queirades doar e para traer os alimentos e facer o intercambio debedes esperar a un novo aviso.

9 oct 2014

Dende esta semana xa está aberta a biblioteca para que poidades desfrutar lendo novos libros e contos marabillosos.

24 nov 2013

25 de novembro, día Internacional contra a violencia de xénero.

    Ola!!

  Velaiquí o vídeo coa canción que imos cantar o día Internacional contra a violencia de xénero, o luns 25 de novembro, "Salir corriendo", de Amaral.

  Quédavos coa letra, por se inda non a sabedes...




24 oct 2013

HALLOWEEN no CEP Santa Mariña...



     Ola de novo!!

     Anunciámosvos as actividades que imos levar a cabo durante a vindeira semana (do 28 ao 30 de outubro) co gallo do Halloween:



  • Maratón de cine.
  • Concurso de cabazas.
  • Concurso de fotografía.

     Estade atent@s (aos blogs do cole ou á páxina web) para máis información...


Unha terrorífica aperta de Nana...