30 abr 2017

LECTURA COMPARTIDA COA EEI A MARISMA

Os alumnos e alumnas de 5º e 6º visitamos aos pequeniños de Ed. Infantil para contarlles contos. E, como nos encantou a experiencia, realizamos este video para que nos poidades ver...
Querémosvos peques!!!. Verémonos o próximo curso de novo!!. 😚💙💚💜




CONTACONTOS FAMILIAS

Durante o Mes de Abril, para celebrar o Mes do Libro, recibimos a visita duns contacontos moi especiais...
Grazas aos papás e mamás que nos deleitaron coa súa presenza!!!!. Que ilusión veros no cole!!!!. 😍😍😍


29 abr 2017

LECTURA COMPARTIDA CON 1º E 2º


Cada 15 días, o alumnado voluntario de 5º e 6º comparte a lectura, durante o recreo, cos máis pequeniños do cole (os nenos de 1º e 2º)  igual que se facía o curso pasado. 
Aos maiores encántalles recibir a atención e o agarimo dos máis cativos así que a actividade continuará........

>

19 abr 2017

LIBROS QUE ALIMENTAN A DIVERSIDADE

Un ano máis no mes de abril temos o noso recuncho de lectura actualizado coa exposición de libros correspondente para celebrar a DIVERSIDADE.



Este ano temos que celebrar que o noso centro colabora no  proxecto "ALTO, ALTO COMO UNA MONTAÑA" que gañou o segundo premio nacional de innovación educativa da Fundación GSD.


O xurado destacou a sensibilidade coa que se afronta a educación do alumnado con autismo, coa elaboración de material propio e a implicación das familias, persoal do centro e outros profesionais.



Para ver o vídeo da presentación do proxecto preme AQUI
Para ver o vídeo da gala de premios preme AQUÍ


1 abr 2017

MÁIS CONTACONTOS DOS PROFES!!!!


Moitas grazas a tódolos profes que participaron nesta actividade: Sonia, Geno, Loli, Mari, Ana e Alejandra. Foi xenial!!!!.