Blogue da biblioteca, normalización lingüística e de actividades extraescolares do CEP Santa Mariña de Redondela
3 nov 2014
24 oct 2014
Nana infórmavos de que imos participar nunha actividade conxunta coas outras bibliotecas escolares e municipais de Redondela para celebrar o Día das Bibliotecas Escolares.
Será unha campaña denominada "Libros Solidarios" e consistirá no intercambio dun libro por un alimento non perecedoiro(latas de conserva, aceite, legumes...) ou un artículo de hixiene persoal (champú, pasta de dentes...).
Os libros para a campaña serán aportados pola nosa biblioteca. Nana escollerá os libros que temos duplicados ou que xa non son tan recentes... Os nenos e nenas que queirades podedes colaborar nesta actividade solidaria traendo da casa os libros que xa non usedes e que estean en bó estado (sempre co permiso dos vosos pais).
A partir de hoxe mesmo xa podedes ir traendo os libros que queirades doar e para traer os alimentos e facer o intercambio debedes esperar a un novo aviso.
Suscribirse a:
Entradas
(
Atom
)