24 oct 2013

HALLOWEEN no CEP Santa Mariña...



     Ola de novo!!

     Anunciámosvos as actividades que imos levar a cabo durante a vindeira semana (do 28 ao 30 de outubro) co gallo do Halloween:



  • Maratón de cine.
  • Concurso de cabazas.
  • Concurso de fotografía.

     Estade atent@s (aos blogs do cole ou á páxina web) para máis información...


Unha terrorífica aperta de Nana... 

23 oct 2013

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

24 DE OUTUBRO, DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES.





     O día 24 de outubro celébrase o día das bibliotecas escolares. O lema deste ano é: "Ler ciencia na biblioteca escolar".

     Con motivo da folga no ámbito educativo, convocada precisamente para o día 24, as actividades se celebrarán o venres 25, día no que en todos os centros educativos do concello de Redondela se lerá un libro molón sobre ciencia, e se proxectará unha peli.

     No noso cole, o faremos así:

     - Durante o recreo, aqueles alumn@s do terceiro ciclo (5º e 6º) que o desexedes poderedes ir á biblio do cole, onde os que queiran participarán na lectura colectiva (en voz alta...) do libro "365 pingüinos", de Jean-Luc Fromental e Joëlle Jolivet (Ed. Kókinos).



     - Durante a hora de lectura, se proxectará a curtametraxe: "La estrella alcanzar", do cineasta chileno Cristian Galáz e Andrea Ugalde, e que dura media hora, aproximadamente.



     Como somos tantos no cole, non o podemos facer tod@s xunt@s, así que comezamos o venres polo terceiro ciclo (xa que lles toca biblio a elas e eles), e para a semana que vén continuaremos coas actividades para o resto do cole, non vos pensedes...

     Agardo que vos guste!!


Un saudíño de Nana.